VERBUM TVcompartir:           


"FALANDO POLOS TRES"

O domingo 20 de marzo ás 19 horas, Lucía Camón coa participación de Xosé Manuel Esperante e Teté García ofrecerán un recital de poesía co título “Falando polos Tres”, espectáculo poético que combina a música (Teté García, pianista e actriz) e a poesía (Lucía Camón e Xosé Manuel Esperante), o galego e o castelán.

Con estas propostas queremos facernos eco nun día tan representativo artística e culturalmente así como continuar consolidando a colaboración de artistas galegos con poetas nacionais e seguir ofertando unha programación específica e de calidade para este gran día.