VERBUM TVcompartir:
|
|
Temos a oportunidade de escoitar ao prestixioso editor de libros de arte Emilio Sdun para contarnos a súa experiencia como editor de arte. A través das súas vivencias dende 1984 poderemos coñecer máis en profundidade o proceso de creación de libros singulares e edicións de luxo. Emilio Sdun, de orixe alemá e con residencia en Cuevas del Almazora, é un dos principais tipógrafos e calígrafos do panorama estatal. Cursou estudos de tipografía na escola de Artes e Oficios de Berlín. Na súa editorial, Prensa Cicuta (fundada en Frankfurt en 1984 e trasladada no 1996 a Almería), constrúense libros de artista mediante técnicas gráficas de composición e impresión tradicionais adaptadas ao noso tempo. Os seus cursos son moi solicitados por institucións, escolas e facultades de Belas Artes de toda España. Moitas das súas obras pódense visitar en museos, bibliotecas e coleccións privadas de prestixio e ao longo de todo o globo, e teñen formado parte de importantes exposicións. O seu labor foi premiado con diferentes galardóns como o V-O Stomps de Maguncia, a máis alta distinción alemá da impresión mediante prensa. |