"ROSAS EN EL CIELO"
“Rosas en el Cielo” é a primeira novela da escritora novel Sonia Iglesias (Vigo, 1969). Nela preséntanos a historia dunha muller nacida a principios do século XX e que ve truncada a súa traxectoria vital por mor da Guerra Civil, trala cal vese sen amor, sen cartos, sen comprensión... obrigada a soportar con valentía a violencia machista en sacrificio dos seus.