|
7º ANIVERSARIO
Un ano máis, e xa van sete, o museo Verbum – Casa das Palabras, vestiuse de gala para conmemorar o seu aniversario. Así, o domingo 25 de abril foi o día grande, e para celebralo preparouse unha programación especial para toda a semana pensada para achegar os contidos do museo a toda a cidadanía. Os visitantes, ademais de gozar con espectáculos teatrais e asistir a actividades de creación e diferentes exposicións temporais, puideron levar un agasallo en forma de cd cunha pequena montaxe de imaxes das principais actividades desenvolvidas no museo dende o ano da súa apertura no 2003.
|