Utilice el tamaÑo de texto de su navegador par ahacerlo mas grande

      
 
 
Tecnoloxía, ábrese nunha nova fiestra TECNOLOXÍA

As novas tecnoloxías teñen cambiado moito a forma de comunicarnos: dende a invención do telégrafo ou o teléfono ata a internet son moitos os avances que teñen contribuído a mellorar os sistemas de comunicación.

Algúns exemplos

Cubo E, X. En dúas palabras. Estes dous cubos permiten ter unha conversa a distancia a través dun chat, unha das principais vantaxes da internet. O visitante disporá dunhas trinta palabras clave en tres ou catro idiomas distintos. Así poderá chatear nun idioma descoñecido empregando estas palabras.

Cubo G. As máquinas que falan. Hoxe xa non nos extraña que as máquinas nos falen (os móbiles, os ordenadores, os xoguetes ou os termómetros). Tamén hai máquinas que len: o visitante poderá introducir un texto nun ordenador para que este o reproduza.
Falando co ordenador. Introdúcese un texto no ordenador, que é lido de forma automática e a continuación ofrece una resposta (por un algoritmo).

Cubo K. A imprenta. Foi quizais un dos principais inventos da humanidade, que permitiu unha maior difusión dos libros e consecuentemente a democratización da cultura. No interior do cubo o visitante poderá coñecer o funcionamento dunha imprenta antiga.

 
     
  VERBUM | Avda de Samil Nº 17 | 36212 Vigo (España)| verbum@vigo.org | Teléfono +34 986 240 130 | Fax +34 986 240 633