Utilice el tamaÑo de texto de su navegador par ahacerlo mas grande

      
 
 
NOVIDADES

CAMPAMENTO VERÁN 2008

Lugar
Verbum - Casa das Palabras
Data
15, 16, 17, 18, 22, 23, 24, 29, 30 e 31 de xullo de 2008
Prezo
1 €/día


O museo Verbum - Casa das Palabras organiza na segunda quincena do mes de xullo de 2008 un campamento de verán dirixido a nenos e nenas de 5 a 12 anos en horario de 10 a 14 horas do martes 15 ao xoves 31 de xullo agás fins de semana, luns e venres 25.

 

O desenvolvemento do campamento será o seguinte:

 

10.00-10.30: XOGOS AUTÓNOMOS.

 

10.30- 11.30: CONTACONTOS DE SEMPRE, NOVOS CONTOS.

 

11.30-12.30: OBRADOIROS CREATIVOS PLÁSTICOS, MANUAIS E DE ANIMACIÓN Á LECTURA.

 

12.30-13.30: XOGOS EN GRUPOS E TRADICIONAIS AO AIRE LIBRE.

 

13.30-14.00: XOGOS AUTÓNOMOS.




máis información

CINEMAS DIXITAIS 2008

Lugar
Verbum - Casa das Palabras
Data
3 xuño ao 28 agosto 2008
Prezo
entrada gratuita


Máis información, no apartado de programación-actividades.


XIV EDICIÓN DA XORNADA DA COMUNICACIÓN AUDIOVISUAL PONTE... NAS ONDAS! e DA VII MOSTRA DA ORALIDADE GALEGO-PORTUGUESA

Lugar
Verbum-Casa das Palabras
Data
6 xuño 2008
Prezo
Entrada gratuita


Máis información en programación-actividades


COMICTECA DO VERBUM ON LINE

Lugar
Verbum-Casa das Palabras
Data
Proximamente
Prezo
-


Consulta dos fondos da comicteca e préstamo de cómics on line

V CERTAME DE DOCUMENTAL E VÍDEO SECUENCIACERO

Lugar
Verbum-Casa das Palabras
Data
23, 24 e 25 de outubro de 2008
Prezo
Entrada gratuita


Máis información, www.secuenciacero.com

 




máis información


Ver video Ver video

ESPAZOS QUE DANZAN

Lugar
Verbum-Casa das Palabras
Data
29 abril 2008, 19 horas
Prezo
Entrada gratuita


 

 

Actuación das compañías de Mita Beutel, Mudanza, Guillermo Weickert e Amparo Novas.




Ver video Ver video

ACTUACIÓN EXPERIMENTADANZA

Lugar
Verbum-Casa das Palabras
Data
25 abril 2008, 20 horas
Prezo
Entrada gratuita


Con motivo do V ANIVERSARIO do museo Verbum - Casa das Palabras (venres 25 de abril) e do Día Internacional da Danza (martes 29 de abril), presentamos o proxecto “Espazos Que Danzan”, un festival de danza contemporáneo, danza-teatro, danza e integración e teatro físico en espazos non teatrais nos que se lle dá importancia á integración da danza na sociedade e nos espazos arquitectónicos.

 

ExperimentaDanza, espectáculo de danza inspirado na cultura galega, con referencia a distintos textos e poemas que falan do mar e da natureza.

 

Foto: Álex Piñeiro




V ANIVERSARIO

Lugar
Museo Verbum - Casa das Palabras
Data
venres 25 de abril 2008, 20 horas
Prezo
entrada gratuita ao museo do 22 ao 27 de abril 2008


O vindeiro venres 25 de abril de 2008 celebraremos o V ANIVERSARIO ao que estades todos e todas convidados.

 

Esperámosvos a partir das 20 horas. Xuntos compartiremos o espectáculo de ExperimentaDanza, baseado na cultura galega destacando poemas e textos sobre o mar e a natureza. A continuación brindaremos pola boa saúde do museo.

 

NOTA: para conmemorar o aniversario, durante a semana do 22 ao 27 de abril a entrada ao museo ou a calquera actividade desenvolvida nel será gratuita para todos os visitantes.




 
     
  VERBUM | Avda de Samil Nº 17 | 36212 Vigo (España)| verbum@vigo.org | Teléfono +34 986 240 130 | Fax +34 986 240 633