Utilice el tamaÑo de texto de su navegador par ahacerlo mas grande

      
 
 

O MUSEO

O museo sitúase en primeira liña fronte ó mar, no entorno da praia de Samil, unha das principais zonas de lecer da cidade de Vigo, que dispón dun longo paseo marítimo que bordea a praia, ademáis de zonas verdes, instalacións deportivas, parques infantís, establecementos de hostalaría e aparcadoiros.

Foto do exterior do Museo, ábrese nunha nova fiestra O Susurro, ábrese nunha nova fiestra

A superficie total construída é de máis de 5.000 m2, ubicados nunha parcela de máis de 13.000.

O edificio de VERBUM, proxectado polo arquitecto galego César Portela, estrutúrase en catro andares (semisoto, planta baixa, planta superior e cuberta) unificadas por unha caixa de luz que as atravesa e as relaciona e na que se estruturan as comunicacións verticais (escaleiras e elevadores).

O proxecto en síntese é un conxunto de caixas. Caixas estas que, como ocorre coas caixas chinesas, contéñense unhas ás outras e se mesturan entre sí, xerando espazos e situacións  que se interrelacionan.
O conxunto semella sosterse no baleiro, en tanto que cada caixa se deseña convenientemente: rásgase, agriétase, manipúlase, para permitir a entrada da luz, que ao seu paso vai creando ámbitos claros ou escuros, recintos bañados por luces cambiantes, a medida que transcorre o día, polos que transitan os visitantes en tanto que descobren o rico, o complexo, o insólito, que pode chegar a ser o mundo da palabra. Este xogo espacial cambiante, sorprendente, apaixoante é, como o xogo da vida, pleno de secuencias e episodios luminosos e sombríos.

Unha vida que se vive, chea de sensacións, de pensamentos e de sentimentos.... que á postre se expresan con palabras.

Á expresividade do espazo e das formas súmaselle a expresividade da escultura e da pintura. No xardín da entrada principal atópase a escultura en bronce de Sergio Portela O susurro.

Á entrada do auditorio, a talla de Manuel Coia A censura: unha personaxe cortándolle a lingua a outra como mostra da censura da liberdade de expresión. Por último, presidindo o gran espazo central, un fresco de Jose Mª Báez titulado As palabras

 
     
  VERBUM | Avda de Samil Nº 17 | 36212 Vigo (España)| verbum@vigo.org | Teléfono +34 986 240 130 | Fax +34 986 240 633