Cubo B. Dúas mellor que unha. Ter dúas orellas permítenos distinguir a procedencia dos sons, non soamente do lado esquerdo ou dereito, senón tamén saber se o son vén de lonxe ou de preto, de arriba ou de abaixo. Neste módulo o visitante poderá probar uns cascos con dous tubos que se cruzan. Un dos extremos dos tubos está cerca das orellas, de modo que os sons que se xeneran á nosa esquerda son percibidos á nosa dereita e viceversa.
Cubo C. O primeiro en falar. O home non fala dende as súas orixes. É grazas á evolución da anatomía que consegue comezar a articular sons e palabras. Tres maquetas da sección do pescozo do simio, australopithecus e o ser humano amosan esa evolución. Cada maqueta leva un sistema electrónico que reproduce os sons que se poden xerar con cada tipo de pescozo.
Cubo Y. Ondiñas veñen e van. ¿Seríamos capaces de debuxar unha voz? Neste módulo vemos unha pantalla que leva conectado un micrófono amplificado que permite ó visitante ver a forma de onda da súa voz. Amósanse como referencia a frecuencia que dan distintas voces humanas (soprano, tenor, contralto, etc.).
Silencio espacial. Nun lugar sen osíxeno a nosa voz non podería ser escoitada, posto que non podería viaxar a través do ar. No interior dunha campá de vidro o visitante pode ver un timbre de porta que se acciona desde o exterior por medio dun pulsador. O espectador pode eliminar o aire do interior da campá por medio dunha bomba de baleiro e comprobar como a medida que se produce o vacío o son vai deixando de percibirse. |